Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

O colexio

Proxecto Educativo

O obxectivo de Santa Xoana de Lestonnac (1556-1640), fundadora da Compañía de María (Burdeos 1607), é educar as mozas, “tenderlles a man”, e a través delas, incidir nas familias e na transformación da sociedade.

A intuición educativa de Xoana de Lestonnac foise plasmando e facendo realidade ao longo da historia de formas diversas.

Hoxe, catro séculos despois, contamos cun Proxecto Educativo que une tradición e novidade para seguir “tendendo a man”.

Manter a chama

Xoana de Lestonnac lembra, fai memoria, relé a súa historia. No oculto mantivo a chama. Coida o seu interior e sente o amor de Deus que a habita. Unha forza que a impulsa máis aló da súa voz propia, "non deixes apagar..."
Ela axudará a descubrir esa forza interior que Deus nos dá, que axuda a medrar con sentido e con vontade de construír unha sociedade xusta e equitativa.

Tender a man

“Comprendeu que era ela quen tiña que lles tender a man”.
Vivir dun modo concreto que nos compromete e nos anima a vivir atentos ás necesidades dos demais e da nosa contorna. Unha vida que camiña cara á plenitude xunto a outros.

Enchede o voso nome

María de Nazaret é Nome e Casa que nos une e dispersa polo mundo e polo tempo.
María é camiño de identidade.

Pedagoxía

Relación que acompaña, integra, fai medrar

Acoller a diversidade, responder a cada persoa na súa orixinalidade, tendo en conta as súas características, capacidades, as súas aptitudes e as súas necesidades.

 
 
Formación

Formación de cabezas ben feitas máis que ben cheas

Queremos que a persoa sexa a protagonista da súa propia aprendizaxe, é quen pensa, reflexiona, ten conviccións e faina quen de percorrer os camiños do saber de forma autónoma.

O docente, guía e acompañante do proceso de aprendizaxe, potencia a autonomía do alumno que lle permite “aprender a aprender”.

Educar na vida

Educar na vida e para a vida

En cada momento histórico, os colexios da Compañía de María viñeron facendo o esforzo de ir transformando as súas prácticas educativas, tratando de desenvolver no alumnado unha sensibilidade que os faga cidadáns conscientes e comprometidos co mundo que lles toca vivir

 
 
Educar en comunidade

Educar en comunidade desde un proxecto común

A implicación de todas as persoas que levan a cabo a tarefa educativa dun colexio, evidencian que non educa unha persoa illada senón que é todo un ambiente desde a riqueza que xera o traballar EN COMUNIDADE

Admisións