Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Unitas, nuestra manera de evangelizar

Unitas, o modelo de evanxelización Compañía de María, explicita o modo específico de vivir o Evanxeo, segundo o carisma recibido por santa Xoana de Lestonnac, para anuncialo en cada realidade e colaborar en facer deste mundo a Casa de todos.

Unitas, o noso Modelo de Evanxelización concreta na actualidade a maneira propia, de vivir, comunicar e celebrar a Boa Nova de Xesús de Nazaret.

Compromiso

O noso compromiso como educadores e educadoras é ser testemuños da ledicia de coñecelo e acompañar a persoa para que poida descubrir o tesouro que leva dentro.

 
 
Espiritualidade

A espiritualidade da Compañía de María fundaméntase en cinco piares, froito da experiencia persoal de salvación de santa Xoana de Lestonnac e da súa vivencia dos Exercicios Espirituais de san Ignacio de Loyola. Estes piares dannos identidade e sinalan o horizonte da nosa misión evanxelizadora.

Os cinco piares son: coñecemento interno da persoa de Xesús, buscar e atopar a Deus en todas as cousas, coidar a chama acesa, discernir para máis amar e servir e María presenza inspiradora.

Comunidade

Somos comunidade de coidado, coidadores ao estilo de Xesús. Acompañando a cada persoa desde o respecto, a acollida, a liberdade… con humildade, sentíndonos Igrexa para seguir construíndo o Reino de Deus xunto a outros e outras e para os demais. Explicitámolo desde o experimentado e celebrando o que cremos.

 
 
Desenvolvemento

Con Unitas compartimos un desexo expresado na Carta Encíclica do Papa Francisco: “Elevar o noso espírito cara a cousas grandes: a verdade, a bondade, a beleza, a xustiza e o amor” F.T. (55)

É a invitación a toda persoa para que no seu itinerario vital poida atopar sentido pleno á súa vida desde o desenvolvemento de todas as dimensións da persoa de maneira integral e integradora.

Admisións