Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Primaria

Crecendo en Compañía

Educación personalizada

  • Atendemos a diversidade e os intereses reais do alumnado.

  • Traballamos para lograr que cada neno e nena se descubra a si mesmo, aos demais e ao mundo que o rodea.

Metodoloxías activas

  • Convertimos ao alumnado no centro do proceso de ensinanza e aprendizaxe.

  • Ensinamos a xestionar os conflitos traballando cos problemas reais.

  • Aprendemos dende o diálogo, o respecto e a cooperación.

  • Fomentamos a creatividade a través de ABP, Labs de aprendizaxe, Aprendizaxe cooperativa, entre outras.

Plurilingüismo

  • Formamos persoas sensibles á realidade globalizada.

  • Convertimos as linguas en instrumentos dinamizadores da aprendizaxe.

  • Inglés e francés (no terceiro ciclo de EP) vertebran a ensinanza das linguas estranxeiras.

  • Contamos con asistentes de conversación nativos.

Acompañamento

  • Acompañamos ao alumnado e ás familias para formar persoas comprometidas e responsables.

  • Contamos cun firme Plan de Acción Titorial (PAT) que vertebra a eficacia da nosa acción educativa.

  • Fomentamos unha educación emocional sensible en todos os aspectos da vida.

A Educación Primaria é unha etapa crucial na vida académica de toda persoa porque non só contribúe á adquisición dos coñecementos académicos básicos que lle permitirán, despois, afrontar os seguintes niveis educativos. A Educación Primaria, a través das súas metodoloxías, da socialización constante entre iguais, da aprendizaxe  activa e cooperativa, e a atención personalizada dos profesionais educativos, permite o desenvolvemento integral das persoas a través da creación dunha mirada crítica e o fomento dunha creatividade que facilitarán unha base sólida en aqueles principios e valores necesarios para afrontar con autonomía a creación dun proxecto de vida propio, pero ao mesmo tempo, responsable e sensible coa realidade circundante e comprometido coa súa mellora.

 

Contacta con nós

Nome
Email
Mensaxe

Proxectos de innovación

Actividades complementarias

Equipo docente

Blogs

Calendario e horarios

  • IMG 1093
  • IMG 1094
  • IMG 20221205 153836
  • IMG 3635
  • IMG 4914
  • IMG 5129
  • IMG 5532
  • IMG 5604
  • IMG E5594
  • ep 1
  • image 3
Admisións