Secundaria
Educando na vida e para a vida
Educación personalizada
- Priorizamos os intereses reais do alumnado enfocados ao seu éxito profesional.
-
Promovemos a educación emocional e a atención personalizada coas titorías e o acompañamento ás familias.
-
Ofrecemos un amplo asesoramento a través do Departamento de Orientación.
Metodoloxías activas
-
Perseguimos unha aprendizaxe significativo por competencias.
-
Fomentamos o traballo cooperativo, desenvolvemos proxectos interdisciplinares, dispoñemos de Labs, integramos as TIC’s…
-
Involucramos ao alumnado en proxectos sociais e de voluntariado.
Dixitalización
-
Perseguimos a competencia dixital dunha maneira interdisciplinar.
-
Participamos no Proxecto de educación Dixital da Xunta de Galicia EDIXGAL.
-
O alumnado dispón dun ordenador portátil para uso académico e persoal.
Plurilingüismo
-
Ofrecemos unha aprendizaxe integrada do Inglés como lingua estranxeira.
-
Enriquecemos a aprendizaxe do inglés convertíndoa en lingua vehicular das materias relacionadas coas TICs.
-
Colaboramos en proxectos lingüísticos locais e estranxeiros.
A educación secundaria obrigatoria é unha etapa educativa que comprende catro cursos académicos entre os doce e os dezaseis anos de idade. Un período fundamental no proceso vital de aprendizaxe para asentar as bases persoais e académicas coas que afrontar os retos do futuro.
Por todo iso, as metodoloxías que se empleguen, as relacións establecidas co profesorado, os plans de acción titorial e o traballo conxunto coas familias contribuirán enormemente a ese crecemento integral do alumnado que lle permita desenvolver a autonomía persoal e o espírito crítico necesarios para afrontar con decisión, firmeza, seguridade e sólidos valores a creación do seu propio proxecto de vida.
Sensibles con este obxectivo, neste colexio traballamos desenvolvendo competencias a través da experiencia académica, pero tamén co contacto coa sociedade e as relacións que se establecen cun profesorado comprometido, sensible ás inquietudes do alumnado e entusiasta coa súa labor educativa.
A dixitalización do proceso formativo, as viaxes e os intercambios culturais, así como a participación en actividades solidarias e deportivas ou, a inmersión lingüística vertebran, unha forma de ensinar que busca o desenvolvemento integral do alumnado de secundaria a través dun acompañamento continuo do seu profesorado.