Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Infantil

Primeiros pasos en compañía

Educación personalizada

  • Traballamos coas necesidades e intereses temperáns do alumnado.

  • Atendemos á diversidade.

  • Buscamos a adquisición de hábitos e a autonomía persoal de cada un dos nosos nenos e nenas.

Estimulación cognitiva e sensorial

  • Promovemos unha aprendizaxe divertido, flexible e sensible coa diversidade.
  • Traballamos  no desenvolvemento corporal, afectivo-comunicativo, creativo e emocional con ferramentas como o ABP e os Laboratorios de nenos e nenas.

  • O alumnado experimenta e manipula os medios dixitais de xeito temperán.

Plurinfantil

  • Traballamos a inmersión completa nas linguas cooficiais e estranxeiras dende os 3 anos.
  • O Inglés vertebra a ensinanza da lingua estranxeira cun método activo e atractivo (cancións, bailes, literatura, ICT…).

  • Contamos con asistentes de conversación nativos.

 

Acompañamento

  • Acompañamos ao alumnado e ás familias para formar persoas.

  • Contamos cun firme Plan de Acción Titorial (PAT) que vertebra a eficacia da nosa acción educativa.

  • Fomentamos unha educación emocional sensible a todos os aspectos da vida

A finalidade da Educación Infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social, cognitivo e artístico do alumnado, e á educación en valores cívicos e para a convivencia.

Por todo iso, o noso colexio traballa de maneira progresiva o desenvolvemento afectivo, o movemento e os hábitos de control corporal, as manifestacións da comunicación e da linguaxe, as pautas elementais de convivencia e relación social  e o descubrimento das características físicas e sociais do medio. Facilita, ademais, que as nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran a súa autonomía persoal.

Estamos comprometidos en transmitir aqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a xustiza, a prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos, a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade entre homes e mulleres.

Contacta con nós

Nome
Email
Mensaxe

Proxectos de innovación

Actividades complementarias

Equipo docente

Blogs

Calendario e horarios

  • Unknown-14
  • Unknown-20
  • Unknown-22
  • Unknown-27
  • Unknown-28
  • Unknown-39
Admisións