Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Proxecto ambiental-Horto escolar

Tomar conciencia da importancia da saúde medioambiental e dos beneficios, por exemplo, de cultivar os nosos propios alimentos, a adquisición de contidos propios das áreas das Ciencias da Natureza e a aprendizaxe do traballo cooperativo, son algunhas das vantaxes que aporta á educación do alumnado máispequeno este proxecto.

A partires de todas as actividades e iniciativas enmarcadas  nesteproxecto, ao longo de todo o curso académico o alumnado de infantil aprende a respectar a Terra como un gran ecosistema do que el mesmo forma parte, vive e convive en equilibrio con outros seres vivos.

O proxecto Ambiental-Horto Escolar aporta, dunhamaneira interdisciplinar, contidos teóricos de calidade, pero taménunha dimensión práctica a través da cal os máispequenos poden entrar en contacto coa Natureza, obervándoa, tocándoa, sentíndose parte dela. Nasnosasinstalacións, nas que construímos un horto, o nosopequeno ecosistema, serve de punto de encontro entre o alumnado, as plantas, outros seres vivos que habitan nelas o grazas a elas, e aquilos seres vivos que non son ninanimaisnin plantas, pero que podemos atopar, por exemplo, no proceso de fabricación do compost, que todos xuntos aprendemos a fabricar. Por outra parte, o feito de poder observar todo o proceso de crecemento das plantas que serven para a nosa alimentación, dende a plantación ata a súacolleita, aporta un gran valor a un proceso de ensinanza e aprendizaxe totalmente activo e práctico.

Este tipo de actividades compleméntanse con otras que, ao longo de todo o curso académico encárganse de celebrar e conmemorar datas tan importante como o Día Mundial do Medio Ambiente, o Día do Consumo Responsable da auga… contribuíndo, destexeito, á toma de conciencia desexada e perseguida polo proxecto.

Na seguinte ligazón atoparedes máis información sobre o noso Horto escolar

Ligazón

Admisións