Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Servizos

Seguro Escolar

O Colexio ten contratada unha póliza de seguro escolar para todo o alumnado dende 4º Ed. Infantil a 2º ESO coa aseguradora MAPFRE VIDA.

Este seguro cubre os accidentes producidos no Colexio, excursións e actividades organizadas polo Centro.

No caso de producirse un accidente o colexio avisa aos pais, e sempre que poidan serán eles os que o leven ao seu fillo/a ao Centro Médico CONCERTADO “HM La Rosaleda” aportando un “Parte de Comunicación de Accidentes” debidamente cumprimentado, que se facilitará na secretaría do Centro unha vez facilitado o nº de expediente telefónicamente pola Compañía de Seguros.

O Seguro Escolar para os alumnos de 3º, 4º ESO e Bacharelato é obrigatorio e no caso de producirse un accidente escolar terán que ir a un Centro Público da Seguridade Social, polo que acudirán ao Hospital Clínico (CHUS) en compañía do pai ou nai.

Os pais deste alumnos terán que entregar na Seguridade Social, Rúa Galeras – Santiago de Compostela a seguinte documentación:

- Un parte de accidente cuberto e selado polo Centro.
- Una certificación de matrícula onde se especifique o curso do alumno, así como o abono
da cota do Seguro Escolar.
- Fotocopia DNI alumno.
- Informe médico de alta ou certificado.

É moi importante que cando un alumno teña molestias ou sufra algún golpe dentro do horario escolar, informe ao profesorado correspondente do sucedido nese mesmo momento, para que o atenda e na secretaría se expida o parte de accidente correspondente.

Para viaxes internacionais, tales como inmersións e / ou intercambios, o colexio subscribe unha póliza especial.

Admisións