Proxecto Lingüístico

Desde unha educación aberta ao mundo impulsamos a liña pedagóxica do noso Proxecto Educativo"Educar na vida e para a vida".

Vemos a aprendizaxe dos idiomas desde o desenvolvemento da competencia lingüística, unha competencia que estrutura o pensamento e é clave para o desenvolvemento doutras aprendizaxes.

Desenvolvemos as destrezas necesarias para que os nosos alumnos ábranse ao mundo e  afronten a globalización na que vivimos.

Por iso, realízanse distintas actividades interdisciplinares, por exemplo, cas asignaturas de latín, historia, TICs... para que o alumnado aprenda a manipular e xestionar varios contidos e a traballar en grupo. Ademáis, lévanse a cabo colaboracións con outros colexios da cidade (Concursos de cortometraxes, gincanas...) e proxectos de correspondencia con colexios do estranxeiro para que os alumnos poñan en práctica todos os contidos estudados, coñezan máis sobre a cultura dos seus coetáneos e, ao mesmo tempo, melloren a pronunciación. Tamén hai unha colaboración constante co grupo Erasmus+ no que o aspecto lingüístico é fundamental.

Xa que na sociedade actual valóranse moito os coñecementos lingüísticos, o centro oferta a posibilidade de preparar os exámenes oficiais de francés (DELF Junior) e inglés (PET/FIRST). Ademáis, dende fai unas anos o centro é sede de Oxford Test of English.