Novas tecnoloxías

 

TICS EN INFANTIL

Nos tempos actuais non pode concibirse unha educación na que non se empreguen en maior ou menor medida as novas tecnoloxías. Por iso dende infantil empréganse como ferramenta habitual nos procesos de aprendizaxe, deixando ao alumnado experimentar e manipular os medios dixitais ao seu alcance, para complementar, motivar e favorecer o desenvolvemento das competencias básicas da etapa.
 

 
 

 

EDIXGAL

En primeiro e segundo da ESO estamos participando no Proxecto de educación Dixital da Xunta de Galicia EDIXGAL.
No proxecto, profesorado e alumnado comparten un entorno virtual de aprendizaxe que lles permite acceder a contidos dixitais de editoriais, a repositorio de contidos ou mesmo contidos elaborados polo profesorado.
Grazas a este proxecto o alumnado ten á súa disposición un ordenador portátil para uso persoal que servirá para potenciar a súa competencia dixital.
O vindeiro curso incorporaranse a este proxecto os alumnos de 3º e 4º da ESO.

 
 

 

PROGRAMACIÓN

Mediante o estudo da materia de Programación en 1ºESO, os alumnos achéganse á linguaxe dixital e de programación dun xeito práctico, aplicado e real.
As distintas linguaxes de programación, así como os distintos recursos dixitais que se empregan no proceso ensinanza-aprendizaxe da materia, requiren un coñecemento da lingua inglesa, e manexo da mesma que permita familiarizarse co vocabulario, expresións, etc. empregadas neste campo, polo que o emprego da lingua inglesa como lingua vehicular da materia convertese nun ben necesario e enriquecedor para a mesma.

 

STEM BACH

O curso 2019-2020 o programa de Excelencia STEM Bach instaurouse no noso centro con alumnos de 1ºBach, que este ano continúan en 2ºBach.

Debido ó interese dos alumnos, o programa permanece no centro neste curso académico, comezando unha nova xeración de rapaces e rapazas de 1ºBach con inquedanzas pola investigación.

O programa ten continuidade por dous anos nos que o alumnado debe cursar unha materia de afondamento STEM proposta polo centro, realizar unha serie de visitas a centros especializados de investigación e a realización dun proxecto de investigación cotitorizado ca Universidade ou centro investigador, e o centro escolar.

A incorporación do Bacharelato STEM complementa os aspectos académicos das materias científicas, tecnolóxicas e da investigación, engadindo unha formación experimental máis próxima á vida profesional.