Erasmus+

 

 

 

 

 

 

TwinSpace do proxecto

Blog FOCUS 2019-21:

 

Benqueridas familias: poñémonos en contacto con vós para presentarvos FOCUS, o proxecto ERASMUS+ que desenvolveremos catro centros escolares europeos durante os próximos dous cursos escolares.

Despois da experiencia de COME (2016-2018), que tratou o fenómeno das migracións na historia e na actualidade, este novo proxecto estudará o fenómeno urbano no pasado e presente, ademais de contemplar novas formas de cidade e de concibir o entorno urbano nunha liña respectuosa co planeta e as persoas que o habitan.

Durante estes próximos dous cursos escolares, as alumnas e alumnos do noso colexio (primaria, secundaria e bacharelato) participarán en distintas actividades de traballo dos distintos puntos que abarca FOCUS (2019-2021). É un proxecto que abrazará todo o colexio.

Ademais, conformarase o GRUPO ERASMUS+, 24 rapazas e rapaces de 3º de ESO, que traballarán dúas horas semanalmente cos coordinadores do proxecto, en horario extraescolar.

Os integrantes deste grupo contribuirán coas súas ganas e cualidades a construír equipo e impulsar as tarefas propostas polos coordinadores e os membros do grupo, asistirán a un ou varios dos encontros internacionais que se celebrarán nas distintas cidades socias (Bad Nenndorf -Alemaña-, Champagné -Francia-, Varsovia -Polonia-), e acollerán ao seu colega europeo na súa casa cando se celebre o encontro en Santiago de Compostela -marzo de 2021-.

Estamos ilusionados con esta nova aventura europea, unha gran oportunidade para medrar en autonomía, dominio de distintas linguas e espírito crítico. Unha gran oportunidade, tamén, para alimentar a cidadanía europea e os valores de convivencia que se esixen nunha cultura democrática.

Ao igual que no proxecto anterior, informaremos periodicamente neste espazo da nosa web sobre as actividades que vaian impulsando o profesorado e alumnado implicado no proxecto.

Un saúdo e mil grazas.

 

NOVAS DE ERASMUS + FOCUS

Our Kick-Off Erasmus + Day

Concurso Logos Erasmus +

Proxecto Focus - 3 ao 10 de Outubro 2019

 

Para lembrar o xa finalizado proxecto Come! de Erasmus + dende 2016 a 2018, click nesta ligazón.