Pastoral

 

E ti te preguntarás.....

Que entendemos por Pastoral?

Entendemos por Pastoral todo proceso que constrúe a escola segundo os valores do Evanxeo;propicia o encontro da persoa con Xesucristo, acompáñaa no seu crecemento e prepáraa para inserirse na sociedade e colaborar na súa transformación.
Seguindo o noso ideario, temos clara a opción por unha escola global, onde educación e evanxelización camiñan da man. Porque nós estamos convencidos de que facendo unha educación de calidade estamos sendo fieis á tarefa de evanxelizar a sociedade, e que o modo mellor de presentar os valores evanxélicos é a educación.
A nosa escola, con clara identidade cristiá, toma como punto de partida o Proxecto educativo de Xoana de Lestonnac. Por iso, tomando conciencia das nosas orixes pretendemos actualizar este proxecto nos nosos tempos: queremos ser escola con todas as súas implicacións de entidade educativa e transmisora de cultura e queremos ser escola cun estilo concreto baseado nos valores do Evanxeo e as intuicións educativas de Xoana de Lestonnac.

As liñas fundamentais nas que baseamos a nosa tarefa educativo - pastoral están recollidas no libro “ La Compañía de María un proyecto de educación” (1998) e o recente Plan de Pastoral Escolar da Compañía de María, e tratamos de facelo vida no noso centro.
A nosa proposta Pastoral aborda moitas dimensións: a interioridade, o sentido de comuñón, o compromiso, a solidariedade, a celebración... Está aberta a todos os que se sintan convocados a vivil o no marco educativo e compartindo un Proxecto común.
A Pastoral impregna todo o noso labor docente. A visión humanista cristiá de Santa Xoana é a guía que sostén calquera actividade do colexio.

Os obxectivos da Pastoral son:

1. - A persoa e a súa educación integral.
2. - Promover a formación do profesorado e potenciar a pastoral desde todos os plans do centro.
3. - Educar a intelixencia emocional e colaborar no desenvolvemento da educación da interioridade.
4. - Programar e coidar as celebracións relixiosas.

Estes obxectivos desenvólvese no ámbito escolar a través dunhas ofertas e propostas concretas para o alumnado:
· Ensinanza relixiosa escolar.
· Celebracións.
· Acción titorial.
· Solidariedade e Educación para Desenvolvemento.
· Educación da Interioridade.

No ámbito extraescolar, espazo complementario, voluntario e privilexiado de acompañamento no crecemento na Fe, tamén ofrece:


· Voluntariado. Grupos Lestonnac.
· Rede Laical Compañía de María.

 

Cremos nunha educación integral da persoa, onde todas as dimensións son importantes evdeben medrar harmonicamente. Para nós ten moita importancia a dimensión de apertura á transcendencia, onde se producen as preguntas polo senso da vida e a experiencia relixiosa. Coma escola católica tratamos de axudar ao alumnado a ir facendo unha síntese entre a fe, a cultura e a vida.
Polo tanto, toda a nosa tarefa educativa é evanxelizadora, aínda que temos momentos e propostas onde explicitamos máis, se cabe, os valores evanxélicos. Deste xeito neste plan recóllense as actividades que ofrecemos, xunto co traballo cotiá, para educar en valores como a xustiza e a paz.
Este pequeno documento trata de recoller o que queremos que sexa a nosa escola dende o noso ideario e o t emos que ser e facer para ser unha escola pastoral. Tamén trata de implicar a toda a Comunidade Educativa, primeira garante da nosa identidade.

 

COORDINACIÓN.

O Equipo de Pastoral

É o equipo reducido formado polo/a Coordinador/a de Pastoral e algunhas das persoas que pertencen ás distintas etapas educativas, encargado de coordinar e dinamizar as actividades e propostas programadas durante o curso. Este equipo reúnese semanalmente.
Á fronte deste equipo está o/a Coordinador/a de Pastoral, que se encarga coordinar a programación concreta e a execución das diferentes actividades propostas que lles afectan, dinamizando a participación de todo o profesorado e do alumnado correspondente.
Tamén está presente un/unha representante deste Equipo no Equipo Directivo, ao cal leva as propostas e inquedanzas que tocan a dimensión evanxelizadora do centro. Nel coida especialmente que o centro camiñe cara ao ideal dunha escola en pastoral.

Formamos parte do equipo de pastoral:

Coordinadora.

Mª del Mar García López.

Representante do Departamento de Orientación.

Marisa Rodríguez Pereiro.

Representante da Comunidade Relixiosa.

Elena Marzo.

Representantes da ESO e Bach.

Inés Baamonde Roca. Jorge Bandín. 

Representante de Ed. Infantil.

 

Mª Magdalena Fernández Méndez.

Representantes de Ed. Primaria.

Cristina Cachafeiro Vieites

Mª del Mar García López. Isabel Suárez Noya.

Representante de Equipo directivo.

Mercedes Calvo Calvo

 
A DIRECCIÓN E O EQUIPO DIRECTIVO

A Dirección do colexio ten a responsabilidade última da acción pastoral.
Como responsable da coordinación xeral do centro, o Equipo Directivo é o órgano que aproba o Plan de Pastoral e toma as decisións oportunas para poder levar a cabo o que nel se indica, a proposta do Equipo de Pastoral.

PARA ESTE CURSO....

LIÑAS DE ACCIÓN

DEPARTAMENTO DE ERE.

- Ter ao longo do curso diferentes momentos de encontro e coordinación de mestres e profesores de ERE por etapas (Primaria e ESO-Bach.).

- Elaborar unha programación para traballar a ERE en Infantil.

 BOS DÍAS.

- Manter a oferta de bos días cada luns. Dándolle un estilo propio ao noso modo de acoller aos alumnos/as e comezar a semana dun xeito máis cercano.

- Este espazo está aberto a ofertas elaboradas por outros equipos, sen esquecer a reflexión dese día.

 

CELEBRACIÓNS.

 - Darlles maior ritmo litúrxico, máis experiencial e dinámico.

- Continuar coa oferta diversificada para cada etapa educativa.

APOIAR EN MOMENTOS FORTES A LABOR DA FISC NO CENTRO.

 

PROXECTO LESTONNAC-APS (Voluntariado).

- Acoller e acompañar aos novos monitores responsables de levar a cabo as actividades.

- Xerar relacións coas institucións sociais da cidade.

 
AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES REALIZADAS.

- Realizar un rexistro da avaliación de cada actividade. Os responsables serán os membros do Equipo de Pastoral, despois de recoller as inquedanzas do profesorado implicado nas actividades.

VISIBILIDADE.

- Elaborar unha planificación común de actividades.

LEMA 

Ao igual que o resto de centros da Compañía de María de España, acollimos como lema deste curso Escoita.

Temos moita sorte de compartir un lema común con todos os colexios da Compañía de María que pertencen a España. Aumentando o noso sentido de pertenza e dándonos forzas para intentar respostar cada día á Proposta Global de Sentido que nos invita a desenvolver a nosa Orde.

A escoita é algo que practicamos todos os días e, quizais debido a isto, en moitas ocasións non coidamos como deberiamos. O bo uso da mesma vaime axudar a relacionarme comigo, contigo, cos demais e con Deus. Para facilitalo imos traballar a escoita dende catro perfiles diferentes: escoitarME, escoitarTE, escoitarNOS e, en todo, escoitarLLE.

Podemos apoiarnos na capacidade de escoita de Santa Xoana, a escoita que leva á acción. Ao igual que a escoita que provoca o SI incondicional de María. Sen esquencer a escoita de todos os que nos sentimos interpelados pola mensaxe de Xesús de Nazaret.