E.S.O.
Impreso de reserva de praza 4°ESO 2022-2023
Listaxe libros de texto ESO e Bacharelato 2021/22
Calendario Avaliacións Setembro 1º e 2º ESO
Calendario Avaliacións Setembro 3º e 4º ESO
A educación secundaria obrigatoria é unha etapa educativa de carácter obrigatorio que comprende catro cursos académicos, entre os doce e os dezaseis anos de idade (o alumnado terá dereito, con carácter xeral, a permanecer escolarizado no réxime ordinario cursando esta etapa educativa ata os dezaoito anos cumpridos no ano en que remate o curso académico).
A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado:
- adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico
- desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo
- preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral
- formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás
O alumnado que, ao terminar a educación secundaria obrigatoria, alcanzase as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, que permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño, ás ensinanzas deportivas de grao medio e ao mundo laboral.
![]() |
|
ESTRUCTURA
|
|
|