Bacharelato
Listado libros de texto ESO e Bacharelato
Calendario Centros ABAU (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria)
Reserva prazas 1º Bacharelato curso 2021/22 - Ciencias sociais e humanidades
Reserva praza 1º Bacharelato curso 2021/22 - Ciencias - biosanitaria e tecnolóxica
Reserva Praza 2º Bacharelato 2020/21 - Ciencias
Reserva Praza 2º Bacharelato 2020/21 - Ciencias Sociais
Reserva Praza 2º Bacharelato 2020/21 - Humanidades
O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoria, e comprende dous cursos académicos.
A súa finalidade é proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior.
O bacharelato organizarase en materias comúns, materias de modalidade e materias optativas. No Colexio ofértanse dúas modalidades:
- Ciencias
- Humanidades e Ciencias Sociais
O alumnado, no momento da súa inscrición para cursar bacharelato, deberá optar por unha das modalidades.
Obterá o título de bacharel o alumnado que curse satisfactoriamente o bacharelato en calquera das modalidades. Este título terá efectos laborais e académicos.
![]() |
AVALIACIÓN DE BACHARELATO
- É necesario superala para obter o título de bacharelato.
- A Cualificación Final será a que se obteña da media das cualificacións de Bacharelato (60 %) e da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (40%) (ABAU)
- As probas versarán sobre as materias xerais do bloque das troncais da modalidade elixida, ás que se suma Lingua Galega e Literatura, que ten consideración de troncal a todos os efectos. En concreto, o alumnado examinarase, ademais de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Española e Literatura, Primeira Lingua Estranxeira e Historia de España. No caso de ter cursado o itinerario de Humanidades, a esta lista habería que sumar Latín; no caso do itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais; se a modalidade escollida foi Ciencias, Matemáticas II.
- A maiores, o alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as de opción do bloque de troncais de segundo curso e as xerais troncais específicas de modalidades distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Os exames correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e, ao igual que as cinco primeiras, cualificaranse de 0 a 10 puntos. Ademais, para a mellora da nota de admisión tamén se terá en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (isto é: Matemáticas II, Latín e Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.