Historia do Centro
![]() |
O Colexio Compañía de María, sito na Rúa Ensinanza, 3 en Santiago de Compostela foi fundado no ano 1759 co desexo de dar resposta educativa as nenas de dita cidade, baixo a titularidade da Orde da Compañía de María, Nosa Señora. A Compañía de María N. S., foi o primeiro instituto relixioso adicado á educación da muller, fundado en Burdeos en 1607 por Juana de Lestonnac (1556-1640), sobriña do humanista francés Miguel de Montaigne. A intuición educativa de Juana de Lestonnac foise concretando ao longo da historia de formas distintas. O seu principal obxectivo encamíñase, dende a orixe, cara á transformación da sociedade. A Compañía de María quere realizar un servizo de interese público, abrirse a un diálogo con outras instancias sociais e colaborar no proceso que ha de conducir á nosa sociedade a atopar a súa propia identidade. Colexio feminino dende os seus inicios ata o curso 1985-86 no que se incorporan nenos dando resposta aos novos tempos. A partir do curso 1987-88 o centro da resposta a nenos e nenas de Educación Especial, contando para iso con profesorado especialista. Hoxe en día damos resposta educativa dende Educación Infantil ata Bacharelato. |
A historia do centro en fotos...