Nova web do centro

Cun impulso de actualización e unificación con todos os centros Compañía de María de España, abrimos esta nova web adaptada a dispositivos móviles, cun novo deseño e organización dos seus elementos.

Actualmente a web é a forma de comunicación máis rápida e o reflexo do colexio cara o mundo. Por iso está sendo actualizada e coidada ata o último detalle esperando ofrecer a maior comodidade posible a todos os visitantes. Para isto, hai algunhas novidades:

Contamos cun apartado de "Destacados" na páxina principal cas novas máis importantes do colexio no momento.
Así mesmo, o apartado "Novas" segue en funcionamento engadindo novas de menor trascendencia, destacando o apartado "Circulares da semana" onde hai un acceso directo para visualizar e obter as últimas circulares subidas a web.

As circulares seguirán estando ordeadas por etapa educativa no apartado "Circulares".

Por outra banda, o apartado de Galería unifícase para todas as etapas educativas e toma un novo enfoque máis vistoso.

 

Confiamos en que sexa do voso agrado e estedes tan ilusionados coma nos!