Primeiros auxilios: actuación en situación de emerxencia

Os alumnos de 1º E.P ata 2º da ESO tiveron a oportunidade de adquirir os coñecementos básicos e necesarios para saber actuar ante unha situación de emerxencia.

Durante o transcurso das sesións empregáronse diferentes materiais (tablets, tfno. móvil, maniquíes, desfibrilador..) que serviron de axuda para levar a cabo os diferentes contidos do curso, tanto na parte teórica coma na práctica.

Algúns dos contidos que se traballaron foron:

 

 

 

-Realizar unha chamada o teléfono de emerxencia e explicar a situación de emerxencia en sí (nivel de consciencia da persoa accidentada e comprobación da respiración).

-Aprender a facer unha secuencia de Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

-Emprego dun desfibrilador.

-Posición lateral de seguridade.

-Maniobra de Heimlich (obstrución da vía aérea por un corpo extraño).

A experiencia resultou moi positiva e de moita utilidade para os alumnos/as.