Mochila Viaxeira - Casimira

Hoxe a mochila viaxeira parte en busca de novas aventuras. Acompañada das nenas e nenos de 4º de Educación Infantil e comandada pola nosa querida Casimira, mergullarémonos nun mar de contidos onde os números e as figuras xeométricas serán as protagonistas.