Voluntariado ESO/BAC

Avanzado xa o curso, queremos achegarvos esta imaxe na que aparecen moitas das persoas -aínda que non todas- que están facendo voluntariado en distintas organizacións da cidade. Son estudantes de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato -e tamén rapazas que están comezando os seus estudos universitarios, así como traballadores e traballadoras do centro-.

O seu compromiso tradúcese en varias horas de traballo semanal para a comunidade, entendendo este como un compromiso na construción do ben común, en prol dunha sociedade que combata a desigualdade e cultive a equidade.
Respecto ao traballo que están realizando, en resume:

· Apoio escolar e animación do tempo libre no Centro Don Bosco e dentro do programa Caritas Aulas.
· Organización do roupeiro solidario e xestión do reparto de alimentos na Asociación O Paluso.
· Organización e xestión do roupeiro solidario da Asociación Centinelas.
· Animación de tempo libre en Grupos Lestonnac.
· Atención a persoas sen fogar dentro do programa "Boa noite".

Seguiremos ofertando voluntariado no colexio, sempre intentando impulsar o labor de tantas e tantas organizacións cuxa razón de ser é SERVIR.
Moitas grazas por seguirnos