Hospital de osiños, E.d. Infantil

Este mércores 16 de marzo os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil puideron aprender bos hábitos de saúde e como perder o medo aos profesionais sanitarios nun "hospital de osiños" organizado polo alumnado da facultade de medicina pertencentes á asociación ME.I.G.A ( Medicina intercambios de Galicia).

Ver fotos na galería

Ao longo da mañá pasaron por cinco obradoiros:

· de consulta, onde puideron ver como se fai unha historia clínica e un diagnóstico así como practicar cos seus osiños de peluche.


· de ciruxía, onde puxeron a bata para entrar a quirófano.

· de hábitos de alimentación saudable, onde se lles aconsella unha alimentación sa e equilibrada.

· de hábitos de vida saudable e hixiene, onde se lles insiste en que teñan unha vida activa a través do deporte e da actividade física.

· de anatomía, onde lles amosaron algúns órganos e a súa función.

Agradecemos á ANPA traernos esta iniciativa!!