Rutinas Ed. Infantil

En Educación Infantil son imprescindibles as rutinas diarias, por iso empregámolas para traballar diariamente múltiples contidos a través de elementos que forman parte da súa realidade máis próxima para que, deste xeito, teña lugar unha aprendizaxe significativa.

Apoiamos estes contidos con cancións que lles resultan moi motivadoras aos nenos e nenas e que lles axuda a interiorizar o traballado con facilidade.
Cada día hai un encargado ou encargada que ten que escribir o seu nome, contar cantas letras o forman e facer a grafía das mesmas, iniciándose así, na lecto-escritura. Tamén debe identificar as súas emocións e contarnos como se sente, e incluso, facer o esbozo do seu corpo, traballando así o esquema corporal.​

Seguidamente ten que indicar o día da semana e do mes no que nos atopamos e observar o fenómeno atmosférico predominante dese día.

Para traballar a lóxico-matemática, discrimina formas xeométricas, fai a súa grafía, asocia números e cantidades, seriacións... e ao rematar fai unha autoavaliación de como o fixo e os seus compañeiros/as fan unha coavaliación do seu traballo.
 

Outras actividades

Jumpin' Jack Class!

Próxima estación... O número