Próxima estación, o número

Onte en 5º de Educación Infantil, traballamos a relación do número coas cantidades de distintas maneiras. Potenciando así, a metodoloxía DUA (Diseño Universal para a Aprendizaxe) respectando a diversidade existente na aula.


Nesta actividade tiñan catro estacións:


· A mesa de luz, onde asociamos o número coas contas de cores.


· Os policubos, onde relacionamos a cor das regretas co número e cantidade correspondente.


· O sumblox, no que buscamos os amigos do dez (descomposición do número 10)


· As pinzas, coas que clasificamos nuns vasos de cores, un número determinado de obxectos segundo o seu tamaño e a súa cor.


Cabe destacar, que mediante esta actividade potenciamos a aprendizaxe cooperativa (Cooperar para aprender e aprender para cooperar) xa que todo o equipo tivo que aportar para conseguir o obxectivo de cada estación.

 
 

Outras actividades

Jumpin' Jack Class!