SAÍDA ERASMUS -PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO

Compartimos con vós a saída que fixemos esta semana para preparar os talleres que desenvolverán as persoas do proxecto Erasmus+ o próximo ano, durante a visita dos nosos colegas polacos, alemáns e franceses.
Visitamos o Parque Eólico experimental Sotavento, no concello lucense de Xermade.

Nel aprendemos moito sobre os distintos tipos de enerxía, atendendo especialmente ás enerxías renovables.
Ademais, visitamos unha casa bioclimática, internacionalmente premiada, onde tamén reflexionamos sobre os nosos hábitos de consumo e o modelo de desenvolvemento insostible no que estamos inmersos.
O próximo curso voltaremos cos nosos amigos europeos e as persoas que integran o noso Club Erasmus+ terán moita máis responsabilidade nesa visita.
Grazas por seguirnos.

"Hi everyone: we want to share with you the one day trip we have done with the Erasmus+ Club. We have visited Sotavento, an Experimental Eolic Park.
There we have learned a lot about the different forms of energy, we have reflected on our forms of consumption, we have discussed... In addition, the visit to a bioclimatic house has been as interesting as it is surprising.
The next course will return, but we will be accompanied by our German, Polish and French friends. It will be a fantastic visit.
Thanks for following us".