ERASMUS+: COLONIAL CITIES IN THE HISPANIC AMERICA

Novamente queremos compartir con vós unha actividade do noso proxecto FOCUS, unha iniciativa Erasmus+.
Neste caso trátase do traballo realizado polo alumnado de 3º de ESO na materia de Xeografía e Historia.
Cada alumno ou alumna estudaron cadansúa cidade colonial, mostrando os rasgos comúns a todas elas (plano hipodámico, conexión entre a área urbana e área rural, arquitectura colonial, traída de auga...) e tamén as particularidades (historia precolombiana, organización dos barrios, mercado de escravos...).

Foi unha actividade que nos achegou máis a América Latina e á súa historia. Que gañas temos agora de visitar Cartaxena de Indias, Antigua Guatemala ou Campeche, entre outras cidades patrimonio da humanidade.
Grazas por lernos e seguirnos.

Descargar todos os traballos aquí

 

Hi everyone: we want to show you a new activity of our Erasmus project.
Our 9th graders have studied some of the most important colonial cities of Hispanic America.
In each work, made in a A3 sheet, each student has highlighted the fundamental characteristics of any colonial city (hypodamic plane, colonial architecture, water brought...). In addition, they have also highlighted the elements that make each city unique: pre-colonial past, slave market, curiosities...
It has been a beautiful activity. We look forward to visiting Antigua, Cuzco, Havana, Mexico City... all of them world heritage cities.
Thank you for reading and following us 

Download it here