NEW ERASMUS+ ACTIVITIES

"Ola, moi boas: comunicámonos novamente con vós para mostrarvos algo máis do traballo que se está a facer dende as distintas materias e niveis dentro do proxecto FOCUS (unha iniciativa Erasmus+).
En 2º de ESO, coordinados polo profesorado de Xeografía e Historia, o alumnado traballou a herdanza musulmana e xudea da Península Ibérica. Así, achegándose a distintos pensadores e cidades medievais, foron quen de valorar as moitas influenzas recibidas destas culturas que son parte da nosa identidade.

Exemplo dun traballo sobre a democracia de Austria

En 4º de ESO, tamén dende a materia de Xeografía e Historia e coordinados polas súas profesoras, o alumnado estudou as institucións democráticas e o concepto de cidadanía achegándose a distintas democracias europeas e ás súas constitucións e sistemas políticos.

No enlace tedes algúns dos traballos realizados.
Moitas grazas por seguirnos".

Descargar arquivo comprimido cos traballos aquí.

 

"Hello everyone: we write a new review to show you the work that, within our project FOCUS (an Erasmus+ initiative), is being carried out from different subjects and levels.
Our 8th graders, have studied, from the subject of Geography and History, the Muslim and Jewish heritage in the Iberian Peninsula. Studying the past of different medieval cities and the contribution of different medieval thinkers,became evident that the Jewish and Muslim culture have contributed much to the culture of Spain.
Our 10th graders, from the subject of Geography and History, have studied the democracies and political systems of different European states. Through their study they have tried to understand the concept of citizenship, fundamental in a healthy democracy.
If you want to see some of these works, you can follow the link.
Thank you for following us". 

Download link