Cazadores de Libros

Cando descubrimos que as rúas da nosa cidade están na literatura, cada paseo pode converterse nunha aventura... Agora ti tamén podes participar!

Atoparás na entrada do cole algún lugares sinalizados nun mapa de Santiago. En cada un deses lugares acharás un código QR. Descubre a onde te levan! Escanéao e poderás desfrutar de fragmentos de grandes obras da literatura universal, que gardan relación coa nosa cidade.

Mergúllate nesta experiencia preparada para todos nós polas nosas compañeiras e compañeiros de Literatura Universal!

Se queres enriquecer a túa aventura, fíxate nas recomendacións de lectura que deixaron na biblioteca.