XVIII Xornadas eu Podo ti Podes Podemos

Celebramos un ano máis as xornadas de sensibilización sobre a diversidade, as XVIII Xornadas eu podo ti podes podemos, desta vez de forma telemática, con diferentes actividades e encontros dende Ed. Infantil ata Bacharelato!

Estarán con nós, nas charlas para ESO e Bacharelato: Susana Rodríguez Gacio, médico e campiona paraolímpica de triatlón, Adiaratou Iglesias Forneiro, atleta paraolímpica, persoas usuarias da asociación ASPACE e FADEMGA.