Premio do certame de tarxetas de Nadal - Nadal Solidario

Unha das moitas actividades que realizamos en Nadal dentro do noso centro foi participar no CERTAME DE TARXETAS DE NADAL que oferta a ONG Mans Unidas.

Dende a entidade propuxéronnos invitar aos pequenos a pensar un pouco no que realmente é importante para celebrar no Nadal e, ademais, poñernos no lugar de todos eses nenos e nenas que viven dun xeito moi diferente ao noso simplemente porque naceron noutro lugar. Un lugar que chamamos países en vías desenvolvemento.

Alí quizais os nenos cando deseñan unha felicitación van plasmar certas cousas que nós podemos esquencer, ou non? De aí a importancia de realizar actividades coma estas que nos van axudar a ver máis aló do que cada día temos diante.

Xa participar é un honor pero ademais este curso recibimos un premio na categoría na que participamos. A galardonada foi María Soto, unha alumna de terceiro de Primaria.

Noraboa a Mans Unidas por ter estas marabillosas iniciativas e noraboa a María por saber aproveitalas.