Erasmus + Vídeos das reunións de outubro 2020

Estamos de volta e tan ilusionados coma sempre, aínda que lidiando coas dificultades propias dos nosos tempos.
Queremos amosarvos estes vídeos que preparamos nos encontros do mes de outubro: queren ser un saúdo para as nosas escolas amigas en Bad Nenndorf (Alemaña), Varsovia (Polonia) e Champagnè (Francia), colexios cos que seguimos inmersos na aventura do noso proxecto FOCUS.

 Agora mesmo a nosa actividade está centrada no estudo da democracia, as súas institucións e cultura, e en cal é a democracia que soñamos na nosa cidade.
Máis cedo que tarde esperamos compartir con vós o proxecto que estamos a impulsar na cidade en relación a este tema.
Grazas por seguirnos e ata pronto.

 

Hello, here we are back. With this message we want to present the work that the people of the Erasmus Club have done during the month of October.
These videos are a greeting to our friendly schools in Bad Nenndorf (Germany), Warsaw (Poland) and Champagnè (France). With them we share our FOCUS project and with them we are developing now the third semester of the Erasmus+ project.
Coexistence in democracy is the topic that we are studying these weeks in an activity that we want to end with a proposal to the city. We hope to inform you soon about the steps we are taking.
Thank you for following us.