Samaín e outono fashion week

O pasado venres 30 de outubro tivemos a nosa particular celebración do Samaín. Na etapa de Ed. Infantil celebrouse a 4º Edición da “Outono Fashion Week”, onde os nenos e nenas deseñaron os fisfraces máis terroríficos para as distintas personaxes con elementos típicos do outono, para logo exhibilos na pasarela.

Invitámosvos a ver a nosa galería de arte, onde está exposta unha representación dos traballos feitos polos cativos/as.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegáronnos os seguintes Geniallys adaptados a cada etapa, onde puidemos coñecer a orixe do Samaín, diferentes personaxes típicas desta celebración, xogos, cancións, actividades...
Velaquí o seu traballo!

Ver imaxes na galería

Presentación Genially de Samaín Ed. Infantil

Presentación Genially de Samaín 4º Ed. Primaria

Presentación Genially de Samaín 2º Ed. Primaria