Encontro de voluntariado

Ola, moi boas: escribimos unhas liñas para falarvos do precioso encontro que celebramos rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac e do Voluntariado colexial.
Como nos encontros celebrados o ano pasado, contamos cunha invitada, nesta ocasión Isabel Cid, alumna de 2º de bacharelato e voluntaria no programa Boa noite que atende a persoas sen fogar.
Foi moi interesante excoitar a razón pola que decidiu facer voluntariado no pasado e por que segue a facelo este ano.

Tamén foi fermoso coñecer como está a cambiar a súa percepción sobre as persoas que durmen na rúa despois de falar con elas, escoitar as súas historias, disfrutar da súa amabilidade e agradecemento. Na súa explicación, aportou moita luz Encina, tamén comprometida no programa Boa noite e na vivencia do Evanxeo.



Non menos fructífero foi o diálogo establecido posteriormente entre os voluntarios e voluntarias e os rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac: falouse da importancia do vínculo, das relacións, de como sentirse privilexiados lles leva ao agradecemento e ao compromiso. Falouse tamén da alegría que lles produce o voluntariado, da aprendizaxe para a súa vida, da necesidade de sentirse útiles.
Que bonito foi rematar e escoitar aos rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac de 2º de ESO preguntando se podían comezar o voluntariado XA.
Seguiremos informándovos destes encontros, voluntarios e en horario extraescolar, que tanto ben e alegría xeran nas persoas que participan deles.
Feliz Adviento e Bo Nadal