X Semana da Ciencia en Galego

Comezaron xa as actividades da X Semana da Ciencia en Galego, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os Departamentos de Ciencias e Matemáticas co apoio económico da ANPA do Colexio.
Traballamos xuntos en prol da ciencia en lingua galega, innovando e pensando sempre no bo proveito do alumnado.