Proxecto FOCUS: 3-10 de Outubro

Ola, moi boas: estamos en marcha: o grupo Erasmus+, formado por 24 rapaces e rapazas de 3º de ESO, empezou as súas reunións semanais o xoves 3 de outubro e, despois de dúas semanas de traballo, podemos adiantar xa un pouco do que están a facer.


Organizados en parellas (e nun grupo de catro persoas), están deseñando e preparando as actividades que o día 24 de outubro darán a coñecer FOCUS, o noso proxecto Erasmus+, a todo o colexio.
Non podemos adiantar moito máis, pero si presentarvos algunhas fotos que nos falan da maneira de traballar: de maneira autónoma, con tarefas concretas e cunha data límite, cooperativamente e dando máximo protagonismo á creatividade e á responsabilidade.
O resultado por agora é estupendo.
A ver o día 24!!!
Un saúdo.

Hello everyone;
The Erasmus group formed by 24 students of 3º ESO has started its weekly work meetings on Thursday, October 3rd and after two weeks of work we can already advance a little about what they are carrying out.

They are working in pairs or in groups of 4 to prepare the presentation of the Erasmus+-FOCUS- project to the whole school through activities. We cannot say much more yet, but we can share some photos with you that show their co-working in autonomous groups and with a deadline, giving great importance to their creativity and responsibility.

We do not doubt that the result will be great on the 24th.

Kind regards.