FUN-TASTIC English Days

O Colexio Plurilingüe Compañía de María celebrará os días 2 e 3 de abril unhas xornadas de inmersión lingüística da lingua Inglesa. Partcipará todo o alumnado desde 3 anos ata bacharelato con diferentes actividades de participación e dinamización.

A decoración do centro neses días recordaranos os diferentes espazos do Reino Unido, e todo o colexio,alumnos e mestres, seremos partícipes e autores desta celebración que ten como fondo a énfase na importancia do coñecemento e da cultura desta lingua estranxeira.