Encontro de voluntariado Febreiro 2019

En febreiro tivemos dous novos encontros do noso grupo de Voluntariado, que, como sabedes, está constituido por vintecinco rapaces e rapazas do colexio que colaboran semanalmente en distintas institucións da cidade.

Foi un pracer escoitar e conversar con María Caamaño e Encina Vicens e saber un pouquiño das súas experiencias vitais.

María falounos da súa experiencia de cooperante en Centroamérica, impulsando a democracia, o municipalismo e os dereitos das mulleres e dos xóvenes. Se queredes saber máis, recomendamos ler a crónica dunha das alumnas presentes seguindo este enlace.

Dúas semanas despois recibimos a Encina quen, despois de máis de 40 anos como monxa da Compañía de María, amosounos unha vitalidade e unhas gañas de seguir construíndo xustiza que entusiasmaba. A súa experiencia de xoven inqueda, a súa opción por ser monxa da Compañía de María seducida pola figura de Xoana de Lestonnac e a súa inquedanza polo traballo no campo social encheu o diálogo con Encina.

Soubemos do seu traballo en ámbitos moi diversos e como o seu compromiso en Ferrol, en especial co colectivo xitano, fai que teña un pedaciño do seu corazón nesa cidade galega.

Despois seguiu traballando con migrantes no barrio de Vallecas e continúa agora aquí en Santiago, entre nós, no colexio, pero tamén colaborando coa asociación Vagalume (que traballa con mulleres que exercen a prostitución) e con persoas sen fogar a través do programa "Boa noite", no que participan ademais alumnas, nais e profesores do colexio.

Grazas, María.

Grazas, Encina.

En marzo máis!

Descargar a crónica de María Ríos