Chef Saudables

O alumnado da clase de 5ºA de Primaria recollerá o vindeiro luns día 18, no Pazo de Congresos, un dos tres premios do concurso "Chefs Saudables", organizado pola Xunta de Galicia.
Prepararon un menú saudable encargándose da súa planificación, compra, preparación e elaboración. Todo isto recolleuse nun vídeo que foi seleccionado por un xurado de expertos, que próximamente veremos.
Soamente falta por saber cal dos 3 premios gañaremos!