Despedida Erasmus +

ATA SEMPRE

Despois de dous anos apaixoantes chega o momento da despedida.

25 rapaces e rapazas do colexio participaron durante dous anos neste Proxecto Erasmus.

O seu traballo estivo marcado pola xenerosidade e o esforzo: dous cursos escolares completos reuníndose todos os xoves de dúas a catro da tarde, traballando de maneira cooperativa e por proxectos, recibindo axuda de gran parte do profesorado, preparando actividades para o resto do colexio e a cidade... e compartindo catro encontros transnacionais cos nosos socios Polacos, Franceses e Alemáns.

Dicimos un adeus que queremos que sexa un ata logo porque temos a intención de continuar embarcados en proxectos Erasmus.

Moitas grazas a todas as rapazas e rapaces participantes e as súas familias, moitas grazas tamén a toda a comunidade educativa que fixo posible este proxecto.

Esperamos que serva para que creza a cidadanía crítica en Europa e para que aumente a solidariedade en todo o planeta.

Despedímonos con este vídeo editado polo profesor Javier Vidal, en resume de toda esta experiencia.

Un saúdo e ata sempre.

 

 

So long.

After two thrilling years it's time to say goodbye.

25 students took part of this Erasmus + project for two years. Their work was marked with generosity and effort, meeting every thursday at 4:00 pm, working together with help of teachers, making activities for the rest of the school and city... and sharing four international meetings with our Polish, French and German friends.

We'd rather say "See you soon" than "Goodbye" 'cause we have the intentions to continue being a part of the Erasmus + projects.

Thank you very much to all the students, families and school, that made this possible.

We hope this will serve to grow Europe's critical citizenship and increase the solidarity in the whole planet.

We say see you soon with this video, edited by Javier Vidal, summarizing this 2 year experience.