ERASMUS+ PROJECT DAY

O martes 22 de maio celebramos a primeira xornada do Día do Proxecto Erasmus+ no colexio. Fixémolo con dúas actividades na que participaron máis de 300 alumnos e alumnas de primaria e secundaria, e máis de 15 profesores e profesoras do colexio.

Foi unha experiencia de aprendizaxe colaborativa fermosa e por iso queremos compartila con vós.

- EUROTUR: por unha banda, o alumnado de 6º de primaria amosou aos seus compañeiros de secundaria o proxecto que levan artellando durante todo o ano. Traballando de maneira interdisciplinar e en grupo cooperativo (e coordinados polos seus titores Ángela, Cristina, Alberto e Manel) estudaron 18 países de Europa dende distintas perspectivas (a xeografía, a arte, os sistemas políticos, os símbolos nacionais, as recetas típicas, o medio ambiente...) e en distintos idiomas (castelán, galego e inglés).


Parte do seu traballo amosárono nesta feira, conformada por 18 stands cos países estudados. E amosáronllo a rapaces de secundaria que visitaron a exposición coordinados polos rapaces e rapazas do grupo Erasmus, encargados de ir buscar os grupos ás aulas, dividilos en tríos para visitar os stands e marcar a marcha da visita para que todo fose ben.
Foi bonito disfrutar o coñecemento adquirido polas rapazas e rapaces de 6º durante a confección deste interesante proxecto. De parte do grupo Erasmus do colexio e do alumnado de secundaria moitas grazas porque aprendemos moito debido ao ben que nos transmitistes a cultura e xeografía dos países que tiñan presenza en EUROTUR.

- A illa de Ellis: por outra banda, os estudantes do grupo Erasmus do colexio repartíronse polas clases de 1º, 2º e 3º de ESO e impartiron unha clase sobre a migración de millóns de europeos a USA durante a II Revolución Industrial. Centrando a súa atención na illa de Ellis, centro de recepción dos inmigrantes á súa chegada a Nova York, achegaron ao alumnado esa gran verdade que di que "TODOS SOMOS MIGRANTES".

Moitas grazas a todas as persoas que participaron neste precioso día.

 

Máis fotos na galería


" On Tuesday 22nd of May we have celebrated the first "Erasmus project day" activities in the school. During this first day, more than 300 primary and secondary school students have participated, cooperating with more than 15 teachers.

It was a beautiful cross-discipline and cooperative work experience, so that we would like to explain you a little about what we have done.

- EUROTUR: on the one hand, our sixth grade students showed to the secondary school students a little of the nice project they have developed during this scholar year. Including different perspectives (Geography, Arts, political systems, the national symbols, typical recipes, the environment...) and three languages (Spanish, Galician and English), our sixth graders have studied 18 European countries.
Every country was explained in one stand of Eurotur, fair which was visited by hundreds of students,coordinated by our Erasmus group students.

It was a great pleasure to enjoy the sixth graders knowledge and ability to show some points of their interesting project. Learning, for instance, about the Irish food or the Swedish heritage was a great present for all our Secondary school students.

- The Ellis island: on the other hand, the Erasmus group students have taught a lesson about the great migrations from Europe to US during the last decades from the XIXth century and the first years of the XXth century. Focusing their attention in the Immigration Center situated in Ellis Island they have explained the process to travel from Europe to the United States (the migrations causes, the life during the passage, the arrival to Ellis Island...). It was interesting to discover that "we all are migrants".

Thank you very much".

 

More pics in our gallery