Proxecto "Ecoloxía Integral"


Estamos ledos por poder presentarvos o traballo que fixeron rapaces e rapazas de 3º de ESO durante o último mes e medio de curso, un proxecto impulsado en colaboración co grupo ERASMUS+ do colexio e a nosa querida ONG FISC, tamén implicada no proxecto a través do grupo de alumnos e alumnas do centro que conforman FISCxove.

Dende as áreas de Xeografía e Historia e Tecnoloxía, o alumnado de 3º de ESO, colaborando co seu equipo de traballo cooperativo, investigou un tema(transporte, auga, envases, residuos, alimentación, papel e baterías, enerxía) e preparou dous produtos: unha presentación na clase na que debían expor o problema ao que se enfronta o mundo e que solucións podemos aportar a ese problema; e un experimento, poster, actividade... que deseñaron para a exposición sobre ECOLOXÍA INTEGRAL que organizaron no colexio o martes 24 de abril para o alumnado de 1º de ESO.

Foi fermoso ver a creatividade, sensibilidade e coñecementos do noso alumnado na elaboración e exposición dos seus traballos.

Agora queda o máis difícil: que todos e todas levemos á práctica os moitos consellos que recibimos das persoas implicadas no proxecto

Neste vídeo, os protagonistas da actividade cóntanvos un pouquiño do que fixeron.

 

 

 

 

We are proud to present you the work which have developed our 9th grade students during the last two months, a project promoted in collaboration with the ERASMUS group of the school and our NGO FISC, also involved in the project through the FISCxove school group.

From the Social Studies and Technology departments, our students, in collaboration with their cooperative work team, have investigated an issue (water, means of transport, packaging, residues, paper and batteries, energy or food) and prepared two products:

a 10 minute presentation to their classmates; and
an experiment, poster, stand... they design to the ecology exhibition they have performed at the school the last 24th of April.

In that exhibition they have explained to their 7th grade mates the experiment or work they produced during this last two months.

It was beautiful to see the creativity, sensitivity and knowledge of our students in the preparation and exhibition of their works.

Now it remains the most difficult: to put into practise all the tips our students gave us to build a better environment for us and the next generations.


Following this link you can listen a bit of what our students work.


Thank you very much.