Concurso "Atrévete co cambio climático"

NORABOA aos rapaces de 1º ESO do Equipo de Dinamización Lingüística Galega que durante este curso estiveron a realizar os desafíos do concurso proposto pola Galiciencia, “Atrévete co Cambio Climático”, resultando un dos grupos seleccionados para realizar o Desafío Final na Galiciencia o próximo día 11 de maio no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense.

Os alumnos levaron a cabo tres desafíos propostos polo concurso, elaborando vídeos e imaxes creativas relacionadas coa temática “Cambio Climático” que se poden ver na web do concurso.

Dos tres grupos presentados dende o noso colexio, foi o chamado “O inverno achégase” formado por Pablo, Matheus e Paulo, o que resultou seleccionado para realizar o desafío final.

Desexámoslles moita sorte e que gocen da experiencia!

 

Links videos:

http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/video/o-inverno-achegase-1/