Saída grupos Lestonnac

Benqueridas familias: que sorte tivemos o luns 15 de xaneiro ao visitar o novo centro Vieiro, que Caritas abriu na rúa Carretas para atender a persoas sen fogar.
Que ben nos recibiron Íñigo, Susana e Laura, traballadoras do centro e, por suposto, Javi e Manuel, dúas persoas sen fogar que están loitando para saír da súa situación de vulnerabilidade.


Puxémoslle rostro ás persoas sen fogar, coñecemos un pouco das súas vidas, fomos consciente que son persoas ás que se lle vulneran os seus dereitos básicos todos os días da súa vida, escandalizounos tamén coñecer o tratamento que algúns medios de comunicación dan a este drama...
Os nosos rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac saíron con gañas de máis: de saber máis, de falar na casa e cos amigos de Javi e Manuel, de abrir o seu corazón a estas persoas,...
Rematamos cun desexo e unha esixencia: NINGUNHA PERSOA SEN FOGAR!