Galiciencia 2017

Os días 22, 23 e 24 de novembro tivo lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, a feira científica e tecnolóxica máis importante da nosa Comunidade Autónoma, Galiciencia.

Os nosos alumnos de Tecnoloxía Industrial de 2°Bach, Ana Vieites e Manuel Porto, están a participar na feira co seu traballo "Non sexas ceniz@: reciclaxe de filtros de cigarro e concienciación anti-tabaco" do que podedes consultar toda a información no seu blog e seguir a súa conta en Instagram con datos interesantes sobre o tema.

Desexámoslles que desfruten da experiencia e que teñan moita sorte!

Ligazón á nova na crtvg