IV Andaina Solidaria

Este sábado, 30 de setembro, ás 11:00 h, celebrarase a IV Andaina do FISC Galicia cun circuito polos diferentes espazos verdes da Cidade da Cultura, no Monte Gaiás: as Torres Hejduk, Parque da Balea, Xardín Literario, o Bosque de Galicia, e o parque do Lago.

Pódense facer as inscricións ben no colexio co díptico, ou media hora antes da hora de saída na Cidade da Cultura.

Haberá unha master class de zumba ao rematar e un servizo gratuito de autobuses, dende a rúa Virxe da Cerca (diante do Colexio Dona Emma) de 10 a 10:30 h.

Deberedes reservar antes praza no autobús coa inscrición no díptico e entregarlla aos titores.

Únete a nós e participa coa túa aportación voluntaria.

Grazas pola túa colaboración e solidariedade.

 

Díptico IV Andaina Solidaria