Crónica do Certame Artístico-Literario

Triséximonovena edición do noso Certame Artístico-Literario CiaMaría, co título "A noite no día" celebrado o día 24 de Maio de 2017.

Nesta edición contamos coa presenza de Dona Paula Carballeira Cabana como presidenta do xurado e a súa vez, xurado da modalidade de narrativa, Don Eutropio Rodríguez como xurado na modalidade de fotografía, Dona Carmen Rey López na modalidade artística, e Dona María Rosendo Priego na modalidade lírica.

Agradecemos a colaboración e participación de todo o alumnado, profesorado e asociación de pais e nais do colexio, así como do equipo directivo.

 

Adxuntamos os traballos premiados de cada un dos nosos alumnos:

Aquí a presentación en formato Power Point do certame, no que podedes ver ordeadamente todos os alumnos premiados e os traballos das modalidades artísticas.

Neste outro anexo (Actualizado) podedes descargar as obras de lírica e narrativa.