de Bacharelato B - West Side Story

O alumnado de 1º de bacharelato B preparou o musical West Side Story, traballo representado para alumnos de secundaria e bacharelato recentemente.

Esta representación formou parte dun proxecto de innovación e interdisciplinar impulsado polas profesoras Ángela e Marga.

O texto, baseado nunha traxedia de Shakespeare, afonda nas dificultades que temos no mundo para entendernos e vivir en paz. Con el os rapaces e rapazas participantes estudaron as migracións a América durante os séculos XIX e XX, poñendo especial atención nas que se produciron despois da Segunda Guerra Mundial, recollendo así o sentido do musical de 1957. Igualmente, neste traballo reivindicouse o valor da liberdade por riba da limitación das fronteiras.

Foi un traballo de longo percorrido, que naceu coa idea de apoiar o traballo do equipo de Orientación e o proxecto Erasmus. É bonito destacar, neste sentido, que o proxecto estivo marcado pola colaboración: desde o apoio por parte do profesorado, o traballo de documentación do grupo Erasmus e a súa exposición na aula, a elaboración de coreografía e guión, os equipos de decorado e caracterización, etc.

Foi un traballo, en fin, de moitos, en equipo, no que se foron superando as dificultades con diálogo e cun resultado do que estamos moi orgullosas.

 

Aquí a filmación da obra.