I Gala pola Seguridade Viaria - EPO

O alumnado de 4º E.P.O.asistiu no Auditorio de Galicia á “I Gala pola Seguridade Viaria” organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local.

Nesta gala recibiron os diplomas que acreditan a súa participación nas diferentes actividades formativas impulsadas pola Policía Local de Santiago para aprender as boas prácticas que temos que ter como peóns e condutores e o respecto polas normas.

Foi unha agradable e amena experiencia que contou con representacións teatrais dos grupos Teatro Ghazafellos e Lucecús Teatro.


Ver máis fotos na galería