Última actividade Erasmus + do ano

Acabou o primeiro curso deste traballo bianual que é o proxecto COME. Para un bo remate eliximos o parque de Belvís e un menú preparado polos nosos estudantes ERASMUS. Houbo empanadiñas, houbo tortilla e empanadas caseiras, houbo dóces sabrosísimos e igualmente feitos na casa.

Foi unha comida deliciosa, como delicioso foi o traballo que durante este ano fixemos todos os xoves con este grupo de rapazas e rapaces que destilan entusiasmo no seu facer.

 


Para sempre quedará nelas e neles os encontros transnacionais en Varsovia e Bad Nenndorf; o diálogo con Nour Al-Hussen ou o taller con Richard York; a organización do Día de Europa; a súa colaboración no proxecto interdisciplinar que impulsaron en bacharelato as profesoras Ángela Trillo e Marga Freire (West Side Story); as súas visitas a primaria para explicarlles a vida de Irene Sendler; a investigación sobre as orixes da súa familia e dos apelidos das súas compañeiras e compañeiros de colexio; etc. Foron tantas cousas e tan bonitas moitas delas que só desexamos que esa cascada de creatividade e colaboración continúe e creza o vindeiro curso.
Grazas pola vosa colaboración e feliz verán