Mesa redonda de Profesionais

O martes 7 de marzo o alumnado de Bacharelato asistiu a unha mesa redonda con diversos profesionais destacados no seu sector.

Os conferenciantes: D. EVARISTO NOGUEIRA POL, avogado e vogal do Consello Social da Universidade de Santiago e adxunto á Presidencia do Consello Xeral da Avogacía Española. D. DIEGO PEÑA GIL, Químico e investigador no CIQUS da Universidade de Santiago ademáis de ser profesor titular na facultade de Química. Dna. EMILIA VÁZQUEZ ROZAS , profesora titular de Métodos Cuantitativos para Economía y Empresa e na actualidade Decana da facultade de Económicas e Empresariais. Dna. TERESA CURIEL GARCÍA, oncóloga no CHUS, traballo que combina coa investigación (pertence ao grupo de oncoloxía médica traslacional do Instituto de Investigaciones sanitarias de Santiago) expuseron a súa traxectoria profesional e visión da mesma. Foi moi interesante xa que compartiron cos alumnos, e lles transmitiron, as súas experiencias e a vocación que sempre debe estar presente en calquera traballo que se desempeñe.


Moítisimas grazas D. Evaristo Nogueira, D. Diego Peña, Dna. Emilia Vázquez e Dna. Teresa Curiel !!!

 

Máis imaxes na galería!