Manifesto do Día da Paz (por de Bacharelato)

Vivimos nun mundo cada vez mais deshumanizado, somos escravos dunha sociedade espectadora das inxustizas. Tódolos días somos espectadores dos horrores das guerras, da negación dos dereitos dos inmigrantes...O único que facemos é mirar impasibles e, como moito, protestar dende o noso cómodo sofá.

Hoxe atopámonos na celebración do día da PAZ e queremos aproveitar este momento para evocar un sentimento inconformista en cada un de nós.

Hoxe non pretendemos solucionar a guerra de Siria, nin a crecente actitude de odio que rodea ao mundo islámico, nin a fame no mundo; o que queremos é asentar as bases dunha nova maneira de actuar. Con cada acción individual podemos chegar a conformar unha sólida unión que si outorgue un pouco máis de paz e solidariedade no mundo.

Cando foi a última vez que peleaches co teu compañeiro? Cando foi a última vez que lle mentiches aos teus pais? Cando foi a última vez que lle faltaches ao respecto a alguén?... isto é PAZ? Nós, dende a nosa experiencia persoal, grazas aos valores obtidos logo de tantos anos no noso colexio, podémosvos afirmar que estas accións non constrúen a PAZ.

Hoxe propoñemos facer unha promesa: prometemos non xulgar sen coñecer; prometemos tender a man seguindo o exemplo de moitos compañeiros que xa o fan; prometemos comezar polo noso círculo máis cercano, non mentir, repartir as tarefas, provocar máis sorrisos e menos bágoas, ser tolerantes e respectuosos coas persoas e ideas que sexan diferentes a nós..porque cremos firmemente que entre todos podemos mellorar o mundo que nos rodea.

Agora pregúntoche, contamos contigo?

Atentamente, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato! 

 

Aquí as imaxes do Día da Paz na nosa galería!