Novo cartel Erasmus +


Os nosos rapaces e rapazas do grupo ERASMUS+ seguen a tope, reuníndose todos os xoves de 14 a 16 horas. Estas semanas andan traballando en catro equipos diferentes:


- Un grupo elabora, axudados pola profesora Mari Carmen Castro, o mapa dos apelidos co fin de evidenciar que a orixe da nosa sociedade é profundamente multicultural.
- Outro grupo está preparando unha clase en colaboración cun proxecto interdisciplinar que están levando a cabo os rapaces e rapazas de 1º de bacharelato. O proxecto traballa a obra West side Story e está sendo impulsado polas profesoras Ángela Trillo, Marga Freire e Isabel Villoch.
- Outro grupo rematou o cartel que aquí presentamos e que tamén está colgado na entrada do noso colexio.
- O cuarto grupo está a grabar e montar un vídeo que será colgado na web a vindeira semana.
Dá gusto ver como traballan.