Manuel Porto gaña o Galiciencia 2016!

O noso alumno de 1º de Bacharelato, Manuel Porto, acada o primeiro premio na feira científica de maior importancia a nivel Galego, Galiciencia, co seu traballo "Cada pinga conta".

A súa innovadora proposta, mesturando a tecnoloxía ca ecoloxía, conquistou o primeiro posto entre outros 50 presentados ao certame.

Dende o colexio Compañía de María non poderíamos estar máis orgullosos do seu logro, agardando que sexa o primeiro de moitos.

Velaquí a nova exposta pola Voz de Galicia